ACTION COVER PARTY GZ “OFF” Os encontros “Off”

ACTION COVER PARTY GZ “OFF” Os encontros “Off” son unha proposta de acción directa no eido da programación cultural e a acción artística galega, que xorde de xeito colectivo integrando diferentes axentes procedentes das artes plásticas, as artes escénicas, o mundo editorial e o mundo audiovisual en Galicia. Fronte ás políticas culturais do evento, da industrialización e da espectacularización cultural os encontros “Off” apostan polo fortalecemento e a creación dun tecido artístico profesional que teña a capacidade de xestionar, producir e distribuír de xeito autónomo as súas creacións ou de relacionarse de xeito horizontal cos xestores, produtores e distribuidores culturais. O posicionamento metodolóxico destes encontros parte da adopción dunha estratexia “espello”, segundo a cal cada novo encontro “Off” adapta a súa estrutura e formato tomando como referencia o plantexamento do evento, acto, ou programa oficial ao que fai reflexo. Deste xeito preténdese poñer en evidencia as distintas políticas e modelos de creación e produción cultural que promoven os eventos programados dende a oficialidade, imitar a linguaxe e o estilo das súas convocatorias modificándoos segundo as necesidades reais de colectivos e persoas partícipes da cultura (que estas esquecen, omiten ou descoñecen), aproveitar os recursos e a capacidade de difusión de propostas con acceso a grandes orzamentos e canais de distribución e avaliar os criterios e relacións de poder que favorecen dita maior accesibilidade. Nesta ocasión o III ENCONTRO OFF fai espello ó CULTURGAL 2011 FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS, unha feira comercial organizada pola Asociación de Industrias Culturais de Galiza do día 2 ó 4 de Decembro en Pontevedra, na que teñen cita (previo pago dun precio por stand e inscripción nas diferentes acitivdades) as principais empresas, clientes, profesionais, consumidores e creadores de diferentes produtos, obxetos e contidos culturais. Dende a comunidade off neste III ENCONTRO propoñemos o CULTURGAL OFF FEIRA IMAXINARIA, unha nova ocasión para continuar co plan de traballo que xa tiñamos en marcha: A construcción dun Banco de Recursos comúns (cousateca, rede de espazos e canle rtv.), o coñecemento real dos nosos custes e investimentos de produción e a edición colectiva de proxectos artistísticos, editoriais, de investigación ou expositivos. Todo isto durante dous día de traballo e intercambio onde mediante convocatoria aberta e gratuita, poderase participar na Feira Imaxinaria que terá lugar nos corredores da Facultade de Belas Artes, amosando intercambiando ou expoñendo materiais e producións propias; impartir ou participar en diferentes Obradoiros ou presentar traballos artísticos, creativos ou de investigación durante as quendas de Presentacións do Foro así como participar con breves actuacións de danza, teatro, música, etc na programación lúdica nocturna do encontro ou na edición Galega da Action Cover Party GZ con versións de performances. Esta edición galega da Action Cover Party terá lugar na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, espazo que acolle ademáis de exposicións e proxectos do alumnado o festival de acción e performance Chámalle X. A inclusión desta iniciativa, a Action Cover Party no CULTURGAL OFF FEIRA IMAXINARIA axuda radicalmente a esa construcción de comunidade e fortalecemento do tecido cultural de base no que estamos a traballar mediante a lembranza física e corporal da capacidade performativa da acción directa, que tentaremos recuperar no versionado e na apropiación do xesto performático doutras épocas a modo de actualización e entreno dunha capacidade presente aínda que non sempre activa: a nosa potencia trasformadora.

EQUIPO ENCONTROS OFF

ACTION COVER PARTY

En música popular, un cóver es una nueva interpretación (en directo, o una grabación) de una canción grabada previamente. Es común utilizar el término “versionar” para referirse a la acción de crear o interpretar una canción versionada. Este ejercicio puede ser un método importante de aprendizaje, por el simple placer de tocar una canción familiar, por rendir tributo al artista o por mera recreación nostálgica. De la misma manera creemos que el pobre registro de muchas performances hace que estas necesiten ser revividas. Es decir, con el mismo planteamiento que los covers de la música popular, la performance puede ser reversionada y volver a mostrarse al público en su “estado natural”. Así, estas versiones se muestran a una nueva generación que antes no había podido presenciar estas acciones.

ACTION COVER PARTY TENERIFE

Action Cover Party – First Edition (04/09) from ActionCoaverParty on Vimeo.

Ediciones Action Cover Party

La Piscina Editorial ha realizado una publicación que recoge cada edición de Action Cover Party.

 

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.